xoves, 15 de novembro de 2018

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imos dedicar a semana do 19 ao 23 de novembro a realizar unha serie de actividades como mostra do apoio do IES Manuel Murguía á loita contra a violencia de xénero. Aquí podes consultar o programa:

Resultado de imagen de sempre libre e viva

DÍA 19
No primeiro recreo, a profesora Teresa Seara le o poema "Lista da compra da viúva", de Emma Pedreira, que mereceu en 2017 o premio ao "Mellor Poema do Mundo" entre máis de mil textos presentados.👀 
Ademais, a profesora Isabel Maturana acompañada de alumnas de 1º ESO G  lerá o poema "Desde el principio", de Shirley Campbell Barr.
No segundo recreo, a profesora Ana Barral e o alumnado do club de lectura de 3º ESO lerán o poema "No quiero", de Ángela Figuera Aymerich.

DÍA 20
No primeiro recreo, o alumnado de 1ºESO B dirixidos por a profesora Julia Pedrido lerá o poema "Hombre pequeñito" de Alfonsina Storni.
No segundo recreo, a profesora Carme Gabín e o alumnado do club de lectura de 1º ESO lerán o poema "Xan", de Rosalía de Castro.

DÍA 21
Nos dous recreos, proxectarase a curtametraxe "Ni un segundo máis".

DÍA 22
No primeiro recreo, o profesor Ramon Echeverri lerá o poema "Oito mulleres de trapo", de Emma Pedreira.
No segundo recreo, a profesora Gracia Martínez acompañada do alumnado da súa titoría  lerá os poemas: " As razóns do asasino"," A razón da vítima"e  "Lapidadas" da escritora Marica Campo.

DÍA 23
Peche das actividades cunha reflexión a propósito do conto "Las medias rojas", de Emilia Pardo Bazán, que será lido ao longo da semana en todas as clases de Lingua Castelá.
Animamos a toda a comunidade educativa a que asista a este último acto con medias ou calcetíns vermellos como símbolo da loita da muller por sobrevivir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario