Amosando publicacións coa etiqueta VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de decembro de 2018

Alumnado 2º BAC contra a violencia de xénero. Todas somos Laura Luelmo

Ao fío do recente asasinato da profesora Laura Luelmo, o alumnado de Segundo de Bacharelato do Ies Manuel Murguía, de forma espontánea e solidaria, decidiu manifestar o seu compromiso contra a violencia de xénero facendo unha exposición de frases, poemas, chíos de tweeter cos que amosaren a raiba que lles provoca tal feito. A nosa mocidade impactada pola máis ferinte actualidade.

Resultado de imagen de laura luelmo





















xoves, 15 de novembro de 2018

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imos dedicar a semana do 19 ao 23 de novembro a realizar unha serie de actividades como mostra do apoio do IES Manuel Murguía á loita contra a violencia de xénero. Aquí podes consultar o programa:

Resultado de imagen de sempre libre e viva

DÍA 19
No primeiro recreo, a profesora Teresa Seara le o poema "Lista da compra da viúva", de Emma Pedreira, que mereceu en 2017 o premio ao "Mellor Poema do Mundo" entre máis de mil textos presentados.👀 
Ademais, a profesora Isabel Maturana acompañada de alumnas de 1º ESO G  lerá o poema "Desde el principio", de Shirley Campbell Barr.
No segundo recreo, a profesora Ana Barral e o alumnado do club de lectura de 3º ESO lerán o poema "No quiero", de Ángela Figuera Aymerich.

DÍA 20
No primeiro recreo, o alumnado de 1ºESO B dirixidos por a profesora Julia Pedrido lerá o poema "Hombre pequeñito" de Alfonsina Storni.
No segundo recreo, a profesora Carme Gabín e o alumnado do club de lectura de 1º ESO lerán o poema "Xan", de Rosalía de Castro.

DÍA 21
Nos dous recreos, proxectarase a curtametraxe "Ni un segundo máis".

DÍA 22
No primeiro recreo, o profesor Ramon Echeverri lerá o poema "Oito mulleres de trapo", de Emma Pedreira.
No segundo recreo, a profesora Gracia Martínez acompañada do alumnado da súa titoría  lerá os poemas: " As razóns do asasino"," A razón da vítima"e  "Lapidadas" da escritora Marica Campo.

DÍA 23
Peche das actividades cunha reflexión a propósito do conto "Las medias rojas", de Emilia Pardo Bazán, que será lido ao longo da semana en todas as clases de Lingua Castelá.
Animamos a toda a comunidade educativa a que asista a este último acto con medias ou calcetíns vermellos como símbolo da loita da muller por sobrevivir.


Contra a violencia de xénero

O día 25 de novembro conmemórase o Día contra a Violencia de Xénero.

Resultado de imagen de contra a violencia de xénero

No seguinte enlace podedes consultar unha interesantísima páxina que recolle unha antoloxía de poemas relacionados con esta temática, todos eles de autoras españolas e latinoamericanas. Baixo o título "El callejón de los cuchillos", podemos ler voces poéticas que gritan, claman e puxan pola igualdade real entre homes e mulleres e en contra do silencio, dos prexuízos e dun statu quo que ningunea ás mulleres de maneira perigosa e dañina.

https://digopalabratxt.com/2018/03/04/el-callejon-de-los-cuchillos-25-poemas-contra-la-violencia-de-genero/

Susana Thenón (Buenos Aires, 1935-1991)

¿por qué grita esa mujer?
¿por qué grita?
¿por qué grita esa mujer?
andá a saber
 
esa mujer ¿por qué grita?
andá a saber
mirá que flores bonitas
¿por qué grita?
jacintos           margaritas
¿por qué?
¿por qué qué?
¿por qué grita esa mujer?
 
¿y esa mujer?
¿y esa mujer?
vaya a saber
estará loca esa mujer
mirá           mirá los espejitos
¿será por su corcel?
andá a saber
 
¿y dónde oíste
la palabra corcel?
es un secreto          esa mujer
¿por qué grita?
mirá las margaritas
la mujer
espejitos
pajaritas
que no cantan
¿por qué grita?
que no vuelan
¿por qué grita?
que no estorban
la mujer
y esa mujer
¿y estaba loca mujer?
 
Ya no grita
 
(¿te acordás de esa mujer?)