Amosando publicacións coa etiqueta VISITAS ESCOLARES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VISITAS ESCOLARES. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de febreiro de 2019

ONG Mestura

A ONG Mestura chegou ao Manuel Murgía coa proposta de facernos reflexionar sobre a problemática dos refuxiados.

Nesta primeira sesión ( haberá dúas máis) as responsables de Mestura faláronnos de actividades concretas que realizan para axudar os migrantes e a responsabilidade  que todas e todos temos no reparto de axudas e a integración social se nos sentimos comprometidos coa causa.

Non hai dúbida diso. O Murguía é un centro solidario e comprometido. Por algo o proxecto da Biblioteca trata o tema dos Dereitos Humanos.








martes, 12 de febreiro de 2019

Asistencia ao Teatro no Ágora. EROSKI PARAÍSO

Os alumnos de 1 de Bacharelato acudiron ao teatro na Coruña para ver unha obra moi exitosa titulada  EROSKI PARAÍSO.  O decorado da obra consiste  nos andeis do centro comercial  Eroski  e mentres  os actores e actrices  repoñen os produtos imos coñecendo a historia dun lugar no que antes existía unha discoteca moi famosa en Muros chamada Paraíso. Ista é a conexión do título.

Así, mentres a nai da protagonista limpa unha pescada na peixería do Eroski , imos  descubrindo a vida nos anos oitenta, as frustracións que deixa a existencia, as persoas que xa non están con nós e o discurrir rutinario das nosas vidas programadas para que compremos os produtos vitais que a sociedade demanda .


E que pasou coa pescada? 
pois que se rifa ao final do espectáculo e lévala para casa fresquiña de todo!!!!!!!!!!!


O escenario Eroski


Os andeis baleiros. Repoñendo as nosas vidas.

A compañía CHÉVERE. Magnífica

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Recital de poesía na Coruña


 O alumnado de terceiro e cuarto da ESO asistiu a un recital poético no Forum da Coruña. Foi unha experiencia moi novedosa para todos eles, estiveron caladiños e moi atentos. Puideron escoitar unha escolma de poemas de artistas galegos contemporáneos como Manuel Rivas, Antía Otero, Emma Pedreira ou Uxío Novoneyra entre outros.
  O amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a igualdade de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra...foron os temas das poesías escollidas.

Intérpretes: María Barcala, Aleixandre Lago, Xúlio Lago
Música e dirección: Nani García (piano)
Dirección: Xulio Lago.
Idioma: GALEGO