mércores, 9 de maio de 2018

CHARLA DE ESTÍBALIZ ESPINOSA

A poeta Estíbaliz Espinosa visitou o centro para falarnos da poesía da ciencia e das mulleres científicas que houbo ao longo da historia, a meirande parte delas esquecidas e silenciadas. Animounos, en definitiva, a abrir os ollos, observar o universo infinito que nos arrodea, marabillarnos e deixarnos invadir pola poesía do mundo. Grazas, Estíbaliz!