mércores, 30 de xaneiro de 2019

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA Manuel María

O equipo de Dinamización Lingüística preparou esta exposición sobre a vida e obra de Manuel María.

Os profesores de galego aproveitaron a información obtida nos paneis para traballar cos alumnos este autor.








luns, 28 de xaneiro de 2019

Encontro con Maite Mosconi

A escritora Maite Mosconi visitou o centro o venres 25 de xaneiro e tivo un marabilloso encontro cos membros do club de lectura de 3ESO. O grupo viña de ler a súa novela Gaedheal, a súa opera prima.

Foi unha charla chea de entusiasmo por todas as partes. A escritora falounos da súa formación e da construción da novela; foi debullando os seus mapas emocionais e o que quería acadar durante a escritura do texto. O alumnado foi pasando por todos os estados: dende a contención inicial, as preguntas tímidas, os comentarios apaixonados e o acoso e abrazo final:)

Grazas por tanta cercanía e implicación! Foi, dende logo, un deses encontros que quedarán gravados nas nosas memorias.

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Presentación do libro de Ainhoa Carolina Rodríguez

A nosa alumna Ainhoa Carolina presentou na biblioteca o libro escrito por ela
Detective en nueva York. 
Contounos a súa experiencia como narradora na plataforma wattpad e a posterior publicación da historia.Ten xa preparada a segunda parte desta historia de intriga.

Recital de poesía na Coruña


 O alumnado de terceiro e cuarto da ESO asistiu a un recital poético no Forum da Coruña. Foi unha experiencia moi novedosa para todos eles, estiveron caladiños e moi atentos. Puideron escoitar unha escolma de poemas de artistas galegos contemporáneos como Manuel Rivas, Antía Otero, Emma Pedreira ou Uxío Novoneyra entre outros.
  O amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a igualdade de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra...foron os temas das poesías escollidas.

Intérpretes: María Barcala, Aleixandre Lago, Xúlio Lago
Música e dirección: Nani García (piano)
Dirección: Xulio Lago.
Idioma: GALEGO








mércores, 23 de xaneiro de 2019

Reunión clube de lectura adultos



Unha xuntanza á hora do café falando dun libro, que che parece?






O pasado martes 22 de xaneiro tivemos a primeira reunión do clube de lectura  de adultos para falar do libro Patria de Fernando Aramburu.
A verdade é que resultou unha xuntanza moi agradable na que algúns profes e Heriberto 
( representante da AMPA) compartimos opinións sobre a lectura deste libro. 









luns, 21 de xaneiro de 2019

Cartas de amor

CARTAS DE AMOR

Achégase o mes dos namorados e é tempo de expandir o amor e a amizade polo instituto dunha maneira máis especial.

Escribe unha carta á persoa que ti queiras e deposítaa nos buzóns que haberá nas dúas conserxerías do centro. O 14 de febreiro os carteiros de Cupido entregarán a túa carta á persoa que elexiches.

Ten en conta:

  • A carta ten que ter remitente, non se entregará ningunha carta anónima.
  • Non poderá ter contido ofensivo algún.
  • A data límite de entrega é o martes 12 de febreiro.

Resultado de imagen de cartas de amor

luns, 14 de xaneiro de 2019

Entrevista a Anabel Martínez

Se queredes ler unha historia de superación emocionante podedes clicar no seguinte enlace. Alí atoparedes unha entrevista coa nosa ex-alumna Anabel Martínez na que comparte as súas experiencias vitais como persoa invidente. Anabel acudiu moitas veces de forma desinteresada ao centro para falar co alumnado, algo que lle agradecemos enormemente. Foi moi emotivo atopar a súa historia nas páxinas do xornal.

Prema aquí, para ver a entrevista

Poesía contra a violencia de xénero
















Lectura poesía contra a violencia de xénero