Nela podedes descubrir unha morea de curiosidades sobre este número tan especial, entre elas un xogo lingüístico chamado"esopía". A rapazada de 1ESO fixo unhas creacións marabillosas!
Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
Categorías
CLUB DE LECTURA
(11)
CONCURSOS
(11)
CONMEMORACIÓNS
(18)
DEFINICIÓNS
(3)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(1)
EDLG
(2)
EXCURSIÓN
(1)
EXPOSICIÓNS
(36)
FOTOS
(11)
LECTURAS NA BIBLIOTECA
(12)
MATEMÁTICAS RECREATIVAS
(8)
NOVAS
(11)
PELÍCULAS
(1)
PROXECTOS
(54)
RECITAIS
(2)
recitais recomendacións
(3)
RECOMENDACIÓNS LIBROS
(44)
RECOMENDACIÓNS PELÍCULAS
(5)
SAÍDAS
(6)
SECCIÓN ANPA
(2)
TRANSFORMACIÓNS
(38)
VIDEOS
(21)
VIOLENCIA DE XÉNERO
(4)
VISITA ESCRITORES
(9)
VISITAS ESCOLARES
(4)
Amosando publicacións coa etiqueta MATEMÁTICAS RECREATIVAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MATEMÁTICAS RECREATIVAS b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 10 de abril de 2019
O número PI
A profesora Fernanda Ramos, do departamento de Matemáticas, organizou co alumnado de 1ESO unha exposición chulísima sobre o número Pi para conmemorar o seu día, que foi o 14 de marzo (3.14, eh?).
xoves, 22 de novembro de 2018
EXPOSICIÓN LIBROS MATEMÁTICOS
Deixamosvos unha pequena mostra da exposición que a nosa compañeira Fernanda Ramos montou no corredor da biblioteca sobre libros relacionados co mundo das matemáticas. É a primeira vez que o noso centro colle unha "maleta viaxeira" ofertada por BIBLIOTECAS ESCOLARES. Está resultando unha experiencia moi positiva porque ademais do traballo nas aulas cos libros pódese ver como exposición dutante estas semanas. Flipa coas matemáticas! Lemos matemáticas!!!!
Etiquetas:
CONMEMORACIÓNS,
FOTOS,
MATEMÁTICAS RECREATIVAS,
RECOMENDACIÓNS LIBROS
sábado, 23 de xuño de 2018
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA "VEXO , VEXO, QUE VES?"
Fíxose entrega dos diplomas dos catro primeiros clasificados do I Concurso de Fotografía Matemática.
Moitas grazas a todo o alumnado que participou. As fotografías que fixeron foron espectaculares e podedes comprobalo na exposición que hai na entrada do Instituto.
venres, 31 de marzo de 2017
EL DIABLO DE LOS NÚMEROS
El Diablo de los Números é un libro para nenos
e xóvenes adultos que explora as matemáticas. Foi escrito no ano 1997 en alemán
por Hans Magnus Enzensberger.
A Robert non lle
gostan as Matemáticas, como sucede a
moitas persoas , porque non as acaba de entender.. Pero unha noite el soña cun
diaño que prentende iniciarlle na ciencia dos números. Naturalmente, Robert
pensa que é outro dos seus pesadelos, pero en realidade é o comezo dun
percorrido novo e apaisoante a través do mundo das Matemáticas.
domingo, 22 de xaneiro de 2017
MATEMÁTICAS RECREATIVAS
ALSINA,C.(1998):Contar bien para vivir mejor.Barcelona.Rubes.
A súa lectura pode levarnos, mediante as súas reflexións cheas de crítica e humor, a mellorar significativamente as nosas actitudes como pacientes obrigados, consumidores compulsivos,ou apostadores empedernidos.Coa axuda dos seus consellos chegaremos a comprender que as matemáticas poden divertirnos, ensinarnos e convertirse nunha ferramenta imprescindible para emprender a tarefa de vivir mellor.
luns, 9 de xaneiro de 2017
BIBLIOGRAFÍA MATEMÁTICA
O libro consta de 8 capítulos con títulos tan suxerentes como:A Matemática e a Arte ou Matemática e o humor ou Anecdotario histórico, nos que o outor acércanos ao coñecemento matemático mediante unha combinación expositiva de claridade,rigor e amenidade.
luns, 28 de novembro de 2016
BIBLIOGRAFÍA MATEMÁTICA RECREATIVA
LOS
LOS MATEMÁTICOS
LOS MATEMÁTICOS NO
LOS MATEMÁTICOS NO SON
LOS MATEMÁTICOS NO SON GENTE
LOS MATEMÁTICOS NO SON GENTE SERIA
ALSINA,C;GUZMÁN,M.DE.(1996):Los matemáticos no son gente seria.Barcelona. Rubes.
Recolección de máis de duascentas anécdotas que amosan que as matemáticas son profundamente divertidas e que os matemáticos son xente nada seria.
domingo, 13 de novembro de 2016
BIBLIOGRAFÍA MATEMÁTICA RECREATIVA
Empezaremos por:
ABBOT,E.A.(1976): Planilandia.. Madrid.Guadarrama.
Pódese considerar un clásico da ciencia –ficción, onde o mundo bidimensional no que viven os protagonistas (figuras xeométricas) coñecen a outros habitantes unidimensionais e tridimensionais . É un libro orixinal e fascinante.
Pódese considerar un clásico da ciencia –ficción, onde o mundo bidimensional no que viven os protagonistas (figuras xeométricas) coñecen a outros habitantes unidimensionais e tridimensionais . É un libro orixinal e fascinante.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















