domingo, 16 de xuño de 2019

Quen non ten algunha rareza?

O alumnado de 2ESO creou na materia de Lingua castelá uns poemas sobre nenos e nenas raros, porque nesta vida...que levante a man que non teña algunha rareza!

Para facelos, inspiráronse nas propostas de Tim Burton (La melancólica muerte de chico Ostra) e Raúl Vacas (Niños raros).

Deixámosvos aquí algunha mostra:

El niño raro
Este es el niño raro
suele ser el más callado,
de su clase el apartado.
Mejor dicho el marginado.
Él siempre ha soñado,
con algo bonito y claro.
Que quiere ser conocido,
para así tener amigos.

La chica cocodrilo
Con un mordisco tras otro
regala su corazón,
le salía de muy dentro,
era con buena intención.
Así expresaba su amor
que era un tanto mordedor,
lo hacía con simpatía
pero nadie la entendía.

El niño herida
Pobre, pobre niño herida,
arañado en la rodilla,
golpeado en la espinilla.
Así fue toda su vida.
Por la calle se caía,
en el fútbol balonazos.
Da igual, en rugby o tazos,
el pobre, daño se hacía.

La niña persiana
Esta es la niña persiana
Al hablar se enrolla tanto
Que se vuelve muy pesada
Ella no es muy coherente
Su interior es muy demente
Nadie la puede aguantar
Mas sola nunca puede estar
Siempre ella quiere jugar.



Identifica as árbores do patio

O departamento de Bioloxía xunto co Equipo de Dinamización Lingüística do Centro elaborou unha guía das especies arbóreas do centro. Podedes desfrutar da exposición que está situada fronte á cafetaría e o máis importante, tratar de localizar as distintas árbores coa axuda do mapa que acompaña a mostra.



Premios do concurso de relatos PrensArteixo

Un curso máis, o centro participou no concurso de relatos PrensArteixo convocado polo xornal La Opinión. Este ano o tema elixido foron os dereitos humanos. Cómpre sinalar que foi o equipo de xornalistas do instituto o encargado de facer o chamamento ao alumnado para a súa participación.

O alumnado premiado foi o seguinte:
1º premio: Alba de Barros Vega: "Derecho: igualdad de género.
2º premio: Javier Allo Campaña: "Diario de una tortura".
3º premio: Lucía Pino Aradas: "Tourette".

A entrega de premios celebrouse no instituto e a ela acudiu o alcalde de Arteixo e a directora de La Opinión.

Queremos dende aquí darlle os nosos parabéns a este alumnado así como felicitar o equipo integrante do Diario Joven de Arteixo e a súa profesora coordinadora, Susi Pico, polo fantástico traballo que realizaron durante todo o curso. Orgullo de alumnado e profesorado.





Exposición sobre as Misións Pedagóxicas

Aínda podedes desfrutar da estupenda exposición que a Biblioteca montou ao redor das Misións Pedagóxicas. É unha parte importantísima da nosa historia que convén coñecer e recordar.

Entre os anos 1911 e 1936 desenvolveuse en España unha experiencia en educación popular tan orixinal como interesante. Un conxunto de ensinantes, escritores e artistas (maioritariamente novos) percorreron a xeografía española levando libros, películas, obras de teatro e títeres a localidades e aldeas campesiñas, algunhas aínda moi illadas.

Manuel Bartolomé Cossío foi o pedagogo que impulsou as Misións Pedagóxicas:
- "Mestres e libros é a gran sementeira que ten de facerse en España".
- "Hai que espertar o amor pola lectura, levando libros ás xentes que agora non van nin irán á escola, e facéndolles, coa lectura en voz alta, como fan as Misións, gustar dos praceres que os libros encerran".

Algúns destes mestres e mestras que participaron no proxecto foron: Luis Cernuda, Carmen Muñoz, Rafael Dieste, Maruja Mallo, José Val del Omar, Alejandro Casona, María Zambrano, Miguel Hernández ou Federico García Lorca.

Moitos destes mestres e mestras foron represaliados tras a guerra civil.

A importancia do seu legado non pode quedar no esquecemento.






luns, 10 de xuño de 2019

Excursión do club de lectura

O venres 31 de maio celebramos a excursión anual do club de lectura. Alá fomos toda a tropa ata Coruña a desfrutar nun abafante día de sol de dúas visitas pola Cidade Vella.

A primeira levounos ata o Arquivo Histórico do Reino de Galicia, situado a carón do romántico xardín de San Carlos. Alí puidemos coñecer o sistema de conservación, consulta e restauración de documentos históricos e administrativos da provincia da Coruña. A parte que máis nos gustou foi o laboratorio de restauración onde gozamos moitísimo. Seguimos con atención a explicación de cada un dos pasos que levan a un documento case desfeito a converterse nun documento útil para o seu manexo. Asombroso.

A segunda parada foi no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón. Alí puidemos curiosear polos recunchos deste antigo cárcere e admirar as obras expostas.

Aproveitamos este post para dar as grazas ás estupendas guías que nos descubriron todos os segredos destes lugares.





xoves, 6 de xuño de 2019

Exposición: a industria

Fronte a cafetaría tedes unha estupenda exposición sobre A Industria, como parte final do interesante traballo realizado polo alumnado na materia de Xeografía e Historia. Trátase dun traballo de investigación sobre este sector que incide de forma especial nos países de deseño e xestión dos productos en contraste cos países de fabricación.
Antes de cortar as etiquetas da roupa, ás veces tan molestas, non vos esquezades de botarlles unha ollada, pois a información que nos proporcionan pódenos abrir moito os ollos.

Día das Letras Galegas

Antonio Fraguas foi o autor conmemorado este ano no Día das Letras Galegas.

O alumnado do centro elaborou un fermoso cartel con diversos debuxos do autor, un dos cales foi elexido para a chapa coa que o  Equipo de Dinamización Lingüística nos agasallou este curso.
Ademais podedes consultar unha selección de obras literarias que co gallo desta data se elaborou na biblioteca.