A nosa alumna Ainhoa Carolina presentou na biblioteca o libro escrito por ela
Detective en nueva York.
Contounos a súa experiencia como narradora na plataforma wattpad e a posterior publicación da historia.Ten xa preparada a segunda parte desta historia de intriga.
Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
Categorías
CLUB DE LECTURA
(11)
CONCURSOS
(11)
CONMEMORACIÓNS
(18)
DEFINICIÓNS
(3)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(1)
EDLG
(2)
EXCURSIÓN
(1)
EXPOSICIÓNS
(36)
FOTOS
(11)
LECTURAS NA BIBLIOTECA
(12)
MATEMÁTICAS RECREATIVAS
(8)
NOVAS
(11)
PELÍCULAS
(1)
PROXECTOS
(54)
RECITAIS
(2)
recitais recomendacións
(3)
RECOMENDACIÓNS LIBROS
(44)
RECOMENDACIÓNS PELÍCULAS
(5)
SAÍDAS
(6)
SECCIÓN ANPA
(2)
TRANSFORMACIÓNS
(38)
VIDEOS
(21)
VIOLENCIA DE XÉNERO
(4)
VISITA ESCRITORES
(9)
VISITAS ESCOLARES
(4)
Amosando publicacións coa etiqueta LECTURAS NA BIBLIOTECA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECTURAS NA BIBLIOTECA b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 24 de xaneiro de 2019
mércores, 23 de xaneiro de 2019
Reunión clube de lectura adultos
Unha xuntanza á hora do café falando dun libro, que che parece?
O pasado martes 22 de xaneiro tivemos a primeira reunión do clube de lectura de adultos para falar do libro Patria de Fernando Aramburu.
A verdade é que resultou unha xuntanza moi agradable na que algúns profes e Heriberto
( representante da AMPA) compartimos opinións sobre a lectura deste libro.
martes, 18 de decembro de 2018
Presentación libro na biblioteca El sueño de Berlín
As alumnas Carla Naya, Zeltia Otero e Kenia Neira de 1º ESO G presentaron na Biblioteca o libro El sueño de Berlín da autora Ana Alonso. Ademais de recomendar a súa lectura fixeron unha pequena exposición sobre o Trastorno Obsesivo Compulsivo, a patoloxía que padece a protagonista desta historia.
![]() |
| O libro recomendado que te invitamos a ler. |
![]() |
| Concentradas na súa recomendación |
luns, 29 de outubro de 2018
Celebrando o Samaín
Agora que outubro remata, chega o momento de celebrar o Samaín.
Na biblioteca podes curiosear na exposición de lecturas terroríficas e levar os libros e cómics emprestados para a casa. Que mellor que deixarse envolver pola néboa do descoñecido ben acubillado no sofá cunha mantiña!
E o mércores 31 de outubro, alumnado de 1ESO/D realizará unha lectura dramatizada dunha inquedante canción de berce rusa chamada "Tili Tili Bom". Non a podes perder! Será no 2º recreo na túa biblioteca.

xoves, 25 de outubro de 2018
Transformacións II: Con nome propio
Transformacións II
Imos collendo ritmo...
No noso proxecto para este curso temos unha sección titulada :
Con nome propio
Trátase dunha proposta para falar no segundo recreo dalgúns martes sobre aquelas persoas ou personaxes que marcaron un cambio na sociedade ou nas nosas vidas.
Xa temos lista de espera para estas presentacións.
Comezará Hugo Herrador de 2ºESO falando dunha ladrona moi especial...sabes quen é? Pois sí:
A ladrona de libros
Se queres escoitar a súa historia, pásate pola biblioteca o martes 13 de novembro no segundo recreo.
( pero non para roubar libros, eh...)

Etiquetas:
LECTURAS NA BIBLIOTECA,
NOVAS,
PROXECTOS,
RECOMENDACIÓNS LIBROS
venres, 5 de outubro de 2018
Benvidos a este novo curso escolar!
Benvidos a este novo curso escolar!
Dende a biblioteca imos traballar co proxecto Transformacións II.
Queremos coñecer aos homes e mulleres que axudaron a transformar o mundo. Todos os departamentos do centro están dispostos a colaborar e xa temos moitos grupos buscando información sobre personalidades que melloraron o mundo.

EU CREO QUE CONTRIBUÍN A CAMBIAR O MUNDO!

Transformaría o mundo?
Fun muller, fun escritora... Revolucionei a literatura galega?
martes, 26 de xuño de 2018
CHARLA SOBRE O SISTEMA BRAILLE
A nosa queridísima ex alumna Anabel volveu ao instituto para explicar ao alumnado de 1ESO el sistema braille para persoas invidentes. Coa súa simpatía e a súa disposición docente aclarou todas as dúbidas dos rapaces e rapazas sobre este modo de escritura.
Descubrimos tamén que escribe relatos e leunos un sobre as ilusións dunha nena cega.
xoves, 7 de xuño de 2018
Presentación de libro por Aimed e Marco de 1º ESO B
Podedes ver aquí un resumo da presentación interesantísima que fixeron Aimed e Marco do libro Asalto al vacío de Arkano.
Presentación de libro por Candela e María de 1º ESO B
Aquí tedes un pequeno resumo da presentación tan maravillosa que fixeron Candela e María.
venres, 27 de abril de 2018
DON QUIXOTE
Aquí vos deixamos un vídeo que recolle os mellores momentos das actividades feitos arredor do libro e da lectura en conmemoración do Día do Libro. Grazas a todas e todos, alumnado e profesorado, por participar e facer cousiñas tan creativas!
"A lectura é á intelixencia o que o exercicio é ao corpo." (Richard Steele)
"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; destruído, un corazón que chora." (Proverbio hindú)
mércores, 25 de abril de 2018
ACTIVIDADE DON QUIXOTE
Co gallo da celebración do día do libro, o Departamento de Lingua Castelá en colaboración coa Biblioteca organizou a seguinte actividade:
- Selección dunha frase de O Quixote e tradución ás linguas que falan no noso centro.
- Lectura , na Biblioteca, desta frase a cargo do alumnado e profesorado do centro.
- O profesor Xosé Carlos Ríos ofrecerá o Venres día 27 no 1º lecer unha charla informal co título
" Quixotear o mundo".
Imaxes das frases:

CONMEMORACIÓNS,
LECTURAS NA BIBLIOTECA,
RECOMENDACIÓNS LIBROS
martes, 27 de febreiro de 2018
Lectura dramatizada
Lectura teatralizada dun conto de medo de Horacio Quiroga:
El almohadón de plumas
Os alumnos de Oratoria de primeiro da ESO e do Club de Lectura dirixidos por Ana Díaz leron este conto de medo na biblioteca.Metidos totalmente no papel. No sofá xace morta a protagonista da historia...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)