Amosando publicacións coa etiqueta recitais recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recitais recomendacións. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de febreiro de 2019

Gala dos namorados no día de San Valentín.

No día de San Valentín a Biblioteca organizou unha gala para o alumnado de primeiro de ESO coa temática do amor.

Foi un éxito total e sobre todo pasámolo moi ben.
E que fixemos?  Pois houbo recitado de poemas creados polos alumnos coma os de Uxía Souto, Sergio Terceiro, Oussama Ed Zahori ou Hugo Herrador. Este ultimo leu un poema que foi unha verdadeira declaración de amor para unha compañeira da súa clase.

Ademais das creacións poéticas do alumnado, Noa Souza, Javier Allo e Yago Rodríguez recitaron a   Berta Dávila e Carla Naya e Alicia García fixeron o mesmo coa obra  do rapeiro Blon.

Polo medio Dharian Sánchez interpretou un tema de Adele e un grupo de rapazas cantaron o tema "Pienso en tu mirá" de Rosalía, para tratar o tema dos ciumes. Tamén gozamos coas coreografías de  Anqi Yang e Araceli Cortiñas de cancións de amor.

Aquí tedes unha mostra fotográfica do espectáculo.

Ahhhhh e coma sempre os nosos marabillosos presentadores Álvaro e Naiara e ...por suposto o noso técnico Marcos Grobas e a nosa axudante Ainhoa Carnota.

















luns, 18 de xuño de 2018

RECITAL DE POESÍA NO CENTRO CÍVICO


Hai poetas, hai poetas! En Arteixo hai poetas! E no Murguía hai poetas! O venres puidemos desfrutar dun recital poético no centro cívico promovido polo escritor Alfredo Ferreiro. Nel participaron rapaces e adultos que recitaron os seus textos ante un pequeno público que acolleu con entusiasmo o seu traballo. Para o centro é un orgullo que parte dese elenco forme parte do instituto. Parabéns!






xoves, 15 de marzo de 2018

Programa festival biblioteca 22 marzo

Festival Biblioteca : proxecto transformacións

A temática deste novo festival da biblioteca é o pensamento crítico. Partimos dun personaxe do libro Mago de Oz. Seguro que algunha vez o liches ou cho contaron. Lembras ó espantallo? Ese marabilloso home de palla que non tiña cerebro...

 
Pois coma nós si temos a 
 capacidade de pensar imos “mover” o cerebro ó ritmo dos aforismos, sentenzas, ilustracións, monólogos e cancións ...que nos inviten a pensar.




Apeteceche?












Programa:

  • Presentación do festival.
  • Representación teatral do diálogo que manteñen o espantallo e Dorothy.
  • Animación á lectura de libros de filosofía cun recitado teatral sobre un fragmento da obra : el radiofonista pirado.
  • Pase de diapositivas que recollen aforismos, sentenzas e ilustracións que invitan ó pensamento crítico. As imaxes se sucederán ó ritmo dun grupo de pandereteiras en directo.
  • Recitado a modo de monólogo de catro palabras inventadas por Piedrahita.
  • Interpretación da canción “ Maneras de vivir “ de Rosendo.
  • Baile da “ Global muiñeira” con máis ilustracións de fondo.
  • Créditos.
22 de marzo no salón de actos do instituto.
Hora: 18:00



Biblioteca IES Manuel Murguía