mércores, 10 de abril de 2019

Día da poesía

Tres poetas do Murguía sumáronse á celebración do Día da poesía nun encontro que, dende hai uns anos, o escritor Alfredo Ferreiro organiza no centro cívico de Arteixo.

Na tarde noite, compartiron os seus versos a carón de poetas consagrados como Estíbaliz Espinosa, Xulio López Valcárcel ou Diana Varela Puñal e músicos da Escola Municipal.

Toda unha delicia escoitalos!






Ningún comentario:

Publicar un comentario