martes, 2 de abril de 2019

Charla Solidaria APADAN

Tivemos a oportunidade de coñecer o mundo dos refuxios de animais da man de Imma, traballadora voluntaria no centro APADAN, unha asociación protectora de animais.

Grazas a ela puidemos saber cal é o proceso de recollida de cans abandonados ou maltratados e o marabilloso labor que realizan de maneira altruísta. Soubemos que é un traballo moi duro porque entre outras moitas tarefas sacan de paseo aos cans todos os días. Imaxinas?

Quedamos impresionados coas imaxes deses cans orfos, faltos de cariño, famentos  e feridos que atopan nas rúas da cidade ou nos montes.  O importante , o que da consolo, é saber que moitos deles atoparon fogares de acollida onde pasan a ser os reis e as raíñas do mundo.

Os que tedes cans sabedes do que estamos a falar e os que non tedes podedes entrar na súa páxina web para comprobar as diferentes maneiras de axudar ou acoller un animal maltratado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario