Os membros do club de lectura de 1º e 3º ESO puxéronse na pel de importantes mulleres da nosa historia para contar as súas vidas polas clases do centro.
Deste modo, visitaron as aulas: a sufraxista Kate Shepard, a pirata Grace O'Malley, a matemática Ada Lovelace, a pedagoga Maria Montessori ou a científica Rita Levi-Montalcini.
Se queredes coñecer as súas incribles vidas e o importante papel que desenvolveron, podedes consultar algún dos libros da biblioteca como Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes ou Pioneiras.
Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
Categorías
CLUB DE LECTURA
(11)
CONCURSOS
(11)
CONMEMORACIÓNS
(18)
DEFINICIÓNS
(3)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(1)
EDLG
(2)
EXCURSIÓN
(1)
EXPOSICIÓNS
(36)
FOTOS
(11)
LECTURAS NA BIBLIOTECA
(12)
MATEMÁTICAS RECREATIVAS
(8)
NOVAS
(11)
PELÍCULAS
(1)
PROXECTOS
(54)
RECITAIS
(2)
recitais recomendacións
(3)
RECOMENDACIÓNS LIBROS
(44)
RECOMENDACIÓNS PELÍCULAS
(5)
SAÍDAS
(6)
SECCIÓN ANPA
(2)
TRANSFORMACIÓNS
(38)
VIDEOS
(21)
VIOLENCIA DE XÉNERO
(4)
VISITA ESCRITORES
(9)
VISITAS ESCOLARES
(4)
mércores, 10 de abril de 2019
Maquetas de lecturas
O alumnado de 2ESO realizou na materia de Lingua castelá unhas maquetas das lecturas desta avaliación. Podedes ver os seus fermosos traballos sobre os libros Nunca seré tu héroe, El príncipe de la niebla, El niño con el pijama de rayas o Escartín en Lima.
Tras a lectura das novelas tiveron que pensar e sintetizar, expresar plásticamente e explicar o proceso aos seus compañeiros. Un traballo ben completo que deu como resultado unhas pezas moi fermosas.
Tras a lectura das novelas tiveron que pensar e sintetizar, expresar plásticamente e explicar o proceso aos seus compañeiros. Un traballo ben completo que deu como resultado unhas pezas moi fermosas.
O número PI
A profesora Fernanda Ramos, do departamento de Matemáticas, organizou co alumnado de 1ESO unha exposición chulísima sobre o número Pi para conmemorar o seu día, que foi o 14 de marzo (3.14, eh?).
Nela podedes descubrir unha morea de curiosidades sobre este número tan especial, entre elas un xogo lingüístico chamado"esopía". A rapazada de 1ESO fixo unhas creacións marabillosas!
Mascarada
O alumnado de 3ESO realizou un fermoso traballo de deseño de máscaras na materia de Plástica que podedes desfrutar a carón da cafetaría. Non volo perdades!
Día da poesía
Tres poetas do Murguía sumáronse á celebración do Día da poesía nun encontro que, dende hai uns anos, o escritor Alfredo Ferreiro organiza no centro cívico de Arteixo.
Na tarde noite, compartiron os seus versos a carón de poetas consagrados como Estíbaliz Espinosa, Xulio López Valcárcel ou Diana Varela Puñal e músicos da Escola Municipal.
Toda unha delicia escoitalos!

mércores, 3 de abril de 2019
Visita do escritor FERNANDO LALANA
O escritor Fernando Lalana encontrouse con alumnado de 1º e 2º ESO para falar da obra lida na materia de Lingua Castelá Escartín en Lima.
Resultou una experiencia moi gratificante porque o alumnado se amosou entusiasmado co escritor, quen dun xeito moi próximo explicou como contrruía as súas historias.
Ademais, o alumnado de Ana Barral ensinoulle as maquetas que o alumnado de Ana Barral fixo sobre a súa lectura na clase de Castelá.
Lalana prometeunos voltar para o ano que vén porque marchou moi contento da atención recibida e da paixón lectora de moitos dos alumnos.

Exposición CALIGRAMAS
O profesor de Galego, Ramón Echeverri preparou co alumnado de 4º ESO unha exposición sobre os caligramas como mostra representativa do espírito rompedor e creativo das vangardas.
Aquí tedes os caligramas que fixeron este curso. Chulísimos!!!!!!!!!!
Aquí tedes os caligramas que fixeron este curso. Chulísimos!!!!!!!!!!
Charla do escritor Héctor Cajaraville
O alumnado de 4º ESO asistiu á charla que ofreceu o escritor Héctor Cajaraville para falar do libro de lectura neste nivel: O segredo da casa de Formoso.
O autor explicou as motivacións que o levaron a cambiar o xornalismo pola literatura e os temas que máis lle interesan para abordar a creación das súas historias.
martes, 2 de abril de 2019
Charla Solidaria APADAN
Tivemos a oportunidade de coñecer o mundo dos refuxios de animais da man de Imma, traballadora voluntaria no centro APADAN, unha asociación protectora de animais.
Grazas a ela puidemos saber cal é o proceso de recollida de cans abandonados ou maltratados e o marabilloso labor que realizan de maneira altruísta. Soubemos que é un traballo moi duro porque entre outras moitas tarefas sacan de paseo aos cans todos os días. Imaxinas?
Quedamos impresionados coas imaxes deses cans orfos, faltos de cariño, famentos e feridos que atopan nas rúas da cidade ou nos montes. O importante , o que da consolo, é saber que moitos deles atoparon fogares de acollida onde pasan a ser os reis e as raíñas do mundo.
Os que tedes cans sabedes do que estamos a falar e os que non tedes podedes entrar na súa páxina web para comprobar as diferentes maneiras de axudar ou acoller un animal maltratado.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)