luns, 11 de marzo de 2019

Irmáns García Naveira - Transformacións

A profesora e artista Rosana Carnero sorprendeunos a todos con esta mostra creativa e artística sobre as iniciativas e transformacións socio-culturais que levaron a cabo os irmáns García Naveira en Betanzos. O traballo foi realizado polo alumnado de 4ESO da materia de Plástica.
O grupo converteu un corredor do noso centro nun pequeno Betanzos de comezos do século XX.
Se damos unha voltiña pola exposición poderemos ver a escola, o lavadeiro público, o asilo e centro social e o parque do Pasatempo.
Ademais, formúlasenos unha pregunta ben interesante que chama a atención sobre a nosa implicación e responsabilidade coa contorna: Se che tocara a lotaría, que farías? Unha escola, un asilo, un centro social, un lugar público de recreo...? Os irmáns García Naveira fixeron todo isto devolvendo á súa terra parte do froito do seu traballo na emigración americana.














martes, 26 de febreiro de 2019

Mulleres protagonistas


Na antesala da Biblioteca están colgados os carteis "Mulleres protagonistas" que a editorial Santillana fixo coa figura de varias mulleres que, ao longo da historia, representaron a loita pola liberdade e a reivindicación dos dereitos.

Ademais, tamén poderedes ver os cartaces que o alumnado de 2ESO realizou na materia de Valores éticos sobre mulleres relevantes da historia. O alumnado tomou como punto de partida un pensamento destas mulleres para recoller brevemente a súa biografía.

Exposición "Muller tiñas que ser..."



Para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, montamos na Biblioteca a exposición “Muller tiñas que ser…” formada por unha manchea de volumes escritos por mulleres que podedes disfrutar. Entre eles figuran:

-O puño e a letra, de Yolanda Castaño, o primeiro cómic poetry en galego. A autora é, ademais de poeta a dinamizadora cultural, a creadora da residencia literaria 1863, sita na Coruña nun edificio que se construíu ese ano emblemático no que Rosalía de Castro publicaba Cantares Gallegos.

-Todos deberiamos ser feministas, de Chimamanda Ngozi Adichie. Un ensaio moi necesario sobre a maneira en que as mulleres deben ocupar o seu lugar no mundo.

-Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, de Elena Favilli e Francesca Cavallo. Os contos tamén nos transmiten estereotipos que é necesario superar. Neste volume as autoras recollen as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes que cómpre coñecermos.

-La mujer en el mundo, de Joni Seager. Atlas de xeografía onde podemos comprobar como lle afecta á muller a desigualdade mundial.

-Camioneras, de Bel Olid. Un cómic sobre a igualdade laboral das mulleres.


luns, 25 de febreiro de 2019

Vida de Rosalía 3ºB

Aquí tedes as fotos da acividade realizada no Centro Cívico de Arteixo sobre a vida de Rosalía de Castro.

 Coma en anos anteriores a actriz Ana Hermida métese na pel da escritora galega para falar da súa vida. Recita, canta e provoca que o alumnado visitante participe dunha maneira lúdica pero tamén comprometida.

Pero sobre todo o que fai é desmontar a imaxe dunha Rosalía chorona e trista para ofrecer outra dunha muller alegre, combativa e moi comprometida coas mulleres e a súa terra.








Vida de Rosalía 3ºC

Aquí tedes as fotos da acividade realizada no Centro Cívico de Arteixo sobre a vida de Rosalía de Castro.

 Coma en anos anteriores a actriz Ana Hermida métese na pel da escritora galega para falar da súa vida. Recita, canta e provoca que o alumnado visitante participe dunha maneira lúdica pero tamén comprometida.

Pero sobre todo o que fai é desmontar a imaxe dunha Rosalía chorona e trista para ofrecer outra dunha muller alegre, combativa e moi comprometida coas mulleres e a súa terra.

















ONG Mestura

A ONG Mestura chegou ao Manuel Murgía coa proposta de facernos reflexionar sobre a problemática dos refuxiados.

Nesta primeira sesión ( haberá dúas máis) as responsables de Mestura faláronnos de actividades concretas que realizan para axudar os migrantes e a responsabilidade  que todas e todos temos no reparto de axudas e a integración social se nos sentimos comprometidos coa causa.

Non hai dúbida diso. O Murguía é un centro solidario e comprometido. Por algo o proxecto da Biblioteca trata o tema dos Dereitos Humanos.








Encher Arteixo de amor

E se enchemos Arteixo de palabras de amor? E se compartimos imaxes de tenrura e paixón?
Cal cres que sería o efecto?

Esa foi a proposta que lanzamos na semana do 14 de febreiro.
e que fixemos? pois queriamos que o alumnado escollera unha poesía e a relacionara cunha imaxe relativa ao amor do mundo da Arte.

e para que vexades a idea proposta por Ana Barral, aquí tedes as fotos.






chulo eh..?