Para conmemorar o 8 de marzo, Día
da Muller, montamos na Biblioteca a exposición “Muller tiñas que ser…” formada
por unha manchea de volumes escritos por mulleres que podedes disfrutar. Entre
eles figuran:
-O puño e a letra, de Yolanda Castaño, o primeiro cómic poetry en
galego. A autora é, ademais de poeta a dinamizadora cultural, a creadora da
residencia literaria 1863, sita na Coruña nun edificio que se construíu ese ano
emblemático no que Rosalía de Castro publicaba Cantares Gallegos.
-Todos deberiamos ser feministas, de Chimamanda Ngozi Adichie. Un
ensaio moi necesario sobre a maneira en que as mulleres deben ocupar o seu
lugar no mundo.
-Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, de Elena Favilli e
Francesca Cavallo. Os contos tamén nos transmiten estereotipos que é necesario
superar. Neste volume as autoras recollen as extraordinarias vidas de 100
mulleres valentes que cómpre coñecermos.
-La mujer en el mundo, de Joni Seager. Atlas de xeografía onde
podemos comprobar como lle afecta á muller a desigualdade mundial.
-Camioneras, de Bel Olid. Un cómic sobre a igualdade laboral das
mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario