Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
Categorías
CLUB DE LECTURA
(11)
CONCURSOS
(11)
CONMEMORACIÓNS
(18)
DEFINICIÓNS
(3)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(1)
EDLG
(2)
EXCURSIÓN
(1)
EXPOSICIÓNS
(36)
FOTOS
(11)
LECTURAS NA BIBLIOTECA
(12)
MATEMÁTICAS RECREATIVAS
(8)
NOVAS
(11)
PELÍCULAS
(1)
PROXECTOS
(54)
RECITAIS
(2)
recitais recomendacións
(3)
RECOMENDACIÓNS LIBROS
(44)
RECOMENDACIÓNS PELÍCULAS
(5)
SAÍDAS
(6)
SECCIÓN ANPA
(2)
TRANSFORMACIÓNS
(38)
VIDEOS
(21)
VIOLENCIA DE XÉNERO
(4)
VISITA ESCRITORES
(9)
VISITAS ESCOLARES
(4)
martes, 26 de febreiro de 2019
Mulleres protagonistas
Na antesala da Biblioteca están colgados os carteis "Mulleres protagonistas" que a editorial Santillana fixo coa figura de varias mulleres que, ao longo da historia, representaron a loita pola liberdade e a reivindicación dos dereitos.
Ademais, tamén poderedes ver os cartaces que o alumnado de 2ESO realizou na materia de Valores éticos sobre mulleres relevantes da historia. O alumnado tomou como punto de partida un pensamento destas mulleres para recoller brevemente a súa biografía.
Exposición "Muller tiñas que ser..."
Para conmemorar o 8 de marzo, Día
da Muller, montamos na Biblioteca a exposición “Muller tiñas que ser…” formada
por unha manchea de volumes escritos por mulleres que podedes disfrutar. Entre
eles figuran:
-O puño e a letra, de Yolanda Castaño, o primeiro cómic poetry en
galego. A autora é, ademais de poeta a dinamizadora cultural, a creadora da
residencia literaria 1863, sita na Coruña nun edificio que se construíu ese ano
emblemático no que Rosalía de Castro publicaba Cantares Gallegos.
-Todos deberiamos ser feministas, de Chimamanda Ngozi Adichie. Un
ensaio moi necesario sobre a maneira en que as mulleres deben ocupar o seu
lugar no mundo.
-Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, de Elena Favilli e
Francesca Cavallo. Os contos tamén nos transmiten estereotipos que é necesario
superar. Neste volume as autoras recollen as extraordinarias vidas de 100
mulleres valentes que cómpre coñecermos.
-La mujer en el mundo, de Joni Seager. Atlas de xeografía onde
podemos comprobar como lle afecta á muller a desigualdade mundial.
-Camioneras, de Bel Olid. Un cómic sobre a igualdade laboral das
mulleres.
luns, 25 de febreiro de 2019
Vida de Rosalía 3ºB
Aquí tedes as fotos da acividade realizada no Centro Cívico de Arteixo sobre a vida de Rosalía de Castro.
Coma en anos anteriores a actriz Ana Hermida métese na pel da escritora galega para falar da súa vida. Recita, canta e provoca que o alumnado visitante participe dunha maneira lúdica pero tamén comprometida.
Pero sobre todo o que fai é desmontar a imaxe dunha Rosalía chorona e trista para ofrecer outra dunha muller alegre, combativa e moi comprometida coas mulleres e a súa terra.

Vida de Rosalía 3ºC

ONG Mestura
A ONG Mestura chegou ao Manuel Murgía coa proposta de facernos reflexionar sobre a problemática dos refuxiados.
Nesta primeira sesión ( haberá dúas máis) as responsables de Mestura faláronnos de actividades concretas que realizan para axudar os migrantes e a responsabilidade que todas e todos temos no reparto de axudas e a integración social se nos sentimos comprometidos coa causa.
Non hai dúbida diso. O Murguía é un centro solidario e comprometido. Por algo o proxecto da Biblioteca trata o tema dos Dereitos Humanos.
Encher Arteixo de amor
E se enchemos Arteixo de palabras de amor? E se compartimos imaxes de tenrura e paixón?
Cal cres que sería o efecto?
Esa foi a proposta que lanzamos na semana do 14 de febreiro.
e que fixemos? pois queriamos que o alumnado escollera unha poesía e a relacionara cunha imaxe relativa ao amor do mundo da Arte.
e para que vexades a idea proposta por Ana Barral, aquí tedes as fotos.
chulo eh..?

mércores, 20 de febreiro de 2019
Poemas de amor de cuarto
Coma tódolos anos o profesor Ramón Echeverri, prepara unha escolma de poemas de amor escritos polo alumnado e fai unha exposición pública dos mesmos na entrada da biblioteca. Achegádevos a disfrutala porque merece moito a pena. O Murguía é terra de poetas.
martes, 19 de febreiro de 2019
Gala dos namorados no día de San Valentín.
No día de San Valentín a Biblioteca organizou unha gala para o alumnado de primeiro de ESO coa temática do amor.
Foi un éxito total e sobre todo pasámolo moi ben.
E que fixemos? Pois houbo recitado de poemas creados polos alumnos coma os de Uxía Souto, Sergio Terceiro, Oussama Ed Zahori ou Hugo Herrador. Este ultimo leu un poema que foi unha verdadeira declaración de amor para unha compañeira da súa clase.
Ademais das creacións poéticas do alumnado, Noa Souza, Javier Allo e Yago Rodríguez recitaron a Berta Dávila e Carla Naya e Alicia García fixeron o mesmo coa obra do rapeiro Blon.
Polo medio Dharian Sánchez interpretou un tema de Adele e un grupo de rapazas cantaron o tema "Pienso en tu mirá" de Rosalía, para tratar o tema dos ciumes. Tamén gozamos coas coreografías de Anqi Yang e Araceli Cortiñas de cancións de amor.
Aquí tedes unha mostra fotográfica do espectáculo.
Ahhhhh e coma sempre os nosos marabillosos presentadores Álvaro e Naiara e ...por suposto o noso técnico Marcos Grobas e a nosa axudante Ainhoa Carnota.

martes, 12 de febreiro de 2019
Mostra de material reciclado polos alumnado de 4ESO
O alumnado da materia Cultura Científica que imparte a profesora Chus Arias en 4 ESO traballou a reciclaxe de materiais dentro do proxecto Transformacións.
A actividade consistiu en reciclar roupa vella para facer bolsas. O resultado foi incrible!!!!!! A verdade é que despois de ver estas transformacións anímamonos a dar unha nova vida a nosa roupa .
mirade que chulada

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)