Achégase o mes dos namorados e é tempo de expandir o amor e a amizade polo instituto dunha maneira máis especial.
Escribe unha carta á persoa que ti queiras e deposítaa nos buzóns que haberá nas dúas conserxerías do centro. O 14 de febreiro os carteiros de Cupido entregarán a túa carta á persoa que elexiches.
Ten en conta:
- A carta ten que ter remitente, non se entregará ningunha carta anónima.
- Non poderá ter contido ofensivo algún.
- A data límite de entrega é o martes 12 de febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario