xoves, 1 de marzo de 2018

Asistimos a unha representación teatral

A noiva de don Quixote no teatro Colón

Os alumnos de terceiro de ESO B e C acudiron ó teatro Colón para ver a representación desta obra de teatro  un tanto arriscada na súa posta en escena e na súa significación.


A Noiva de Don Quixote”, de José Luis Esteban. Con: Mercedes Castro. Dirección: José Carlos García. EME2.

Argumento:
Un tiempo después de la muerte del Quijote, Aldonza Lorenzo, la prostituta, la mesonera, la mujer real detrás de esa Dulcinea idealizada; crítica con la imagen que de ella generaron el hidalgo, la historia y la tradición, reclama su propia y auténtica identidad, en un punto en el que se encuentra convertida por la opinión pública en Dulcinea, una mera figura literaria y una mujer a punto de perder su propio ser. Desde el mesón en que sirve -con clientes invisibles, entre los que se encuentra el propio Cervantes- Aldonza evalúa la mujer que es en contraposición con la imagen que El Quijote ha dejado de ella.


Fíxose un pouco difícil de entender ó comezo, sobre todo porque é unha única actriz a que sostén toda  a acción  e costou asimilar que ela falaba con clientes invisibles nun mesón cuxo mobiliario levaba ás costas.

O que máis gustou foi o momento no que para falar da imaxe de Dulcinea coma unha ficción, esparexeu polo aire un pó branco que esvaecía pouco a pouco formando unha figura humana.
Mirade que sobriedade en escena. Así é como remata a obra.

 Despois de ver a obra, felices no parque dos Xardíns da Coruña.
 Mostrando a entrada moi formalitos
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario