Mirade que debuxo máis chulo fixo Aída de 2º C para o noso encerado. Inspirouse en motivos que suxiren transformación. Soache?
Outra bolboreta colocada nos andeis da biblioteca que nos recorda o proceso de transformación. Fixéronas os alumnos de primeiro da ESO coa profesora de Bioloxía, Chus Arias.
Na entrada colocamos tamén esta imaxe que invita a pensar. Un sinal de prohibición, unha silueta que rouba a liña branca da prohibición e un lema: soños en costrución.Agora toca pensar un pouco:
que quererá dicir?
No encerado da biblioteca colocamos cada quince días un aforismo. Por se non o sabedes un aforismo é unha frase que invita a reflexionar sobre algo. Así que antes de entrar lemos un pouco e pensamos, pensamos,pensamos...
" El individuo ha luchado siempre para no ser absorbido por la tribu. Si lo intentas, a menudo estarás solo, y a veces asustado. Pero ningún precio es demasiado alto por el privilegio de ser uno mismo"
Nietzche.
Os cadros do pintor ESCHER invitan a pensar no proceso de cambiar. Vedes aquí como os paxaros se convirten en peces ...e os peces en paxaros. Inquietante, verdade? Poi a pensar... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario