martes, 27 de febreiro de 2018

Lectura dramatizada

 Lectura teatralizada dun conto de medo de Horacio Quiroga: 

El almohadón de plumas

Os  alumnos de Oratoria de primeiro da ESO e do Club de Lectura dirixidos por Ana Díaz leron este conto  de medo na biblioteca.


Metidos totalmente no papel. No sofá xace morta a protagonista da historia...













Pensamento crítico nas aulas



Pensamento crítico nas aulas.





Aquí tedes as ilustracións que fixeron os alumnos de 2ºESO G sobre a frase:

"O cerebro é coma un paracaídas, non sabes se funciona ata que o abres"

A idea foi animar ó alumnado a abrir a mente para atreverse a pensar.

Cada quince días teñen que interpretar un aforismo nas clases de Lingua Castelá. Hai que manter aberto o paracaídas😀

Decoración da biblioteca para o proxecto Transformacións



    A decoración do instituto sobre o proxecto transformacións

Aquí tedes a porta da biblioteca decorada con bolboretas feitas polo alumnado con follas dun dicionario de galego que estaba estragado e íamos dar de baixa. Unha nova vida para as palbras!

Mirade que debuxo máis chulo fixo Aída de 2º C  para o noso encerado. Inspirouse en motivos que suxiren transformación. Soache?





Outra bolboreta colocada nos andeis da biblioteca que nos recorda o proceso de transformación. Fixéronas os alumnos de primeiro da ESO coa profesora de Bioloxía, Chus Arias.








Na entrada colocamos tamén esta imaxe que invita a pensar. Un sinal de prohibición, unha silueta que rouba a liña branca da prohibición e un lema: soños en costrución.Agora toca pensar un pouco:
que quererá dicir?





















 No encerado da biblioteca colocamos cada quince días un aforismo. Por se non o sabedes un aforismo é unha frase que invita a reflexionar sobre algo. Así que antes de entrar lemos un pouco e pensamos, pensamos,pensamos...


" El individuo ha luchado siempre para no ser absorbido por la tribu. Si lo intentas, a menudo estarás solo, y a veces asustado. Pero ningún precio es demasiado alto por el privilegio de ser uno mismo"
Nietzche.







 Os cadros do pintor ESCHER invitan a pensar no proceso de cambiar. Vedes aquí como os paxaros se convirten en peces ...e os peces en paxaros. Inquietante, verdade? Poi a pensar...