venres, 26 de xaneiro de 2018

Presentación do proxecto transformación. CURSO 2017/18






           por que transformacións?



Resultado de imagen de mago de oz


 
  O proxecto deste novo curso  na biblioteca xorde  do libro O marabilloso mundo de Oz de J. Franklin  Baum.

 Imos primeiro falar da obra para que poidades entender cal é a nosa proposta.


SINOPSE:
Dorothy e o seu can Totó son arrastrados por un ciclón dende a súa  casa de Kansas ata un país fantástico. Alí, perseguida por  unha bruxa, desexa voltar ao seu país e para poder facelo ten que chegar á Cidade Esmeralda  onde vive un mago que poderá axudala. Emprende entón unha viaxe na que atopará personaxes moi curiosos: un espantallo que non ten cerebro, un home de folla de lata que non ten corazón e un león que carece de valor.Todos eles acompañarán a Dorothy na súa viaxe porque pensan que o mago de Oz poderá outorgarlles aquilo que ansían ter: un cerebro para poder pensar, un corazón para poder amar e valor para deixar de ser un covarde.
Cando finalmente visitan ó Mago de Oz este resulta ser un fraude: ningún deles recibirá os atributos pedidos porque no fondo todo o que buscaban, perseguindo a maxia de Oz, estaba xa no seu interior pero ignorábano.


Resultado de imagen de mago de oz

personaxes do Mago de OZ





Resultado de imagen de bombilla

 E agora, pensa un pouco no significado do libro:
TODOS BUSCAMOS O QUE SEGURAMENTE XA ESTÁ DENTRO DE NÓS. NON TEMOS QUE ATOPAR MAGO NINGÚN. POSUIMOS CEREBRO,CORAZÓN E VALOR. 
ESTA É A CHAVE DA NOSA TRANSFORMACIÓN: RECOÑECER O QUE XA TEMOS E APROVEITALO PARA
  • PENSAR DE MANEIRA CRÍTICA.
  • SENTIR QUE A POESÍA PODE CAMBIAR O XEITO DE MIRAR O MUNDO
  • SER VALENTES AÍNDA SABENDO QUE PODEMOS CAER
         TRANSFORMACIÓNS

Ningún comentario:

Publicar un comentario