Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
Categorías
CLUB DE LECTURA
(11)
CONCURSOS
(11)
CONMEMORACIÓNS
(18)
DEFINICIÓNS
(3)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(1)
EDLG
(2)
EXCURSIÓN
(1)
EXPOSICIÓNS
(36)
FOTOS
(11)
LECTURAS NA BIBLIOTECA
(12)
MATEMÁTICAS RECREATIVAS
(8)
NOVAS
(11)
PELÍCULAS
(1)
PROXECTOS
(54)
RECITAIS
(2)
recitais recomendacións
(3)
RECOMENDACIÓNS LIBROS
(44)
RECOMENDACIÓNS PELÍCULAS
(5)
SAÍDAS
(6)
SECCIÓN ANPA
(2)
TRANSFORMACIÓNS
(38)
VIDEOS
(21)
VIOLENCIA DE XÉNERO
(4)
VISITA ESCRITORES
(9)
VISITAS ESCOLARES
(4)
mércores, 9 de maio de 2018
CHARLA DE ESTÍBALIZ ESPINOSA
A poeta Estíbaliz Espinosa visitou o centro para falarnos da poesía da ciencia e das mulleres científicas que houbo ao longo da historia, a meirande parte delas esquecidas e silenciadas. Animounos, en definitiva, a abrir os ollos, observar o universo infinito que nos arrodea, marabillarnos e deixarnos invadir pola poesía do mundo. Grazas, Estíbaliz!
venres, 27 de abril de 2018
DON QUIXOTE
Aquí vos deixamos un vídeo que recolle os mellores momentos das actividades feitos arredor do libro e da lectura en conmemoración do Día do Libro. Grazas a todas e todos, alumnado e profesorado, por participar e facer cousiñas tan creativas!
"A lectura é á intelixencia o que o exercicio é ao corpo." (Richard Steele)
"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; destruído, un corazón que chora." (Proverbio hindú)
mércores, 25 de abril de 2018
CONCURSO DE CREACIÓN : OS NOSOS MEDOS
CONCURSO DE CREACIÓN: OS NOSOS MEDOS
Xa está aberto o prazo para presentarse ao concurso de creación "Os nosos medos". Anímate a participar! Sabemos que neste centro hai moitos artistas. Lembra que hai un premio agardando por ti.
(Os traballos recolleranse na biblioteca.)
ACTIVIDADE DON QUIXOTE
Co gallo da celebración do día do libro, o Departamento de Lingua Castelá en colaboración coa Biblioteca organizou a seguinte actividade:
- Selección dunha frase de O Quixote e tradución ás linguas que falan no noso centro.
- Lectura , na Biblioteca, desta frase a cargo do alumnado e profesorado do centro.
- O profesor Xosé Carlos Ríos ofrecerá o Venres día 27 no 1º lecer unha charla informal co título
" Quixotear o mundo".
Imaxes das frases:
- Selección dunha frase de O Quixote e tradución ás linguas que falan no noso centro.
- Lectura , na Biblioteca, desta frase a cargo do alumnado e profesorado do centro.
- O profesor Xosé Carlos Ríos ofrecerá o Venres día 27 no 1º lecer unha charla informal co título
" Quixotear o mundo".
Imaxes das frases:
Etiquetas:
CONMEMORACIÓNS,
LECTURAS NA BIBLIOTECA,
RECOMENDACIÓNS LIBROS
venres, 20 de abril de 2018
PRESENTACIÓN LIBRO 1º ESO B
O alumnado de 1ESO/B presentou o libro Los niños de la viruela, de María Solar.
Foi unha presentación sinxela pero moi preparada que podedes ver nos seguintes vídeos.
Fixádevos na fermosa cartelería feita por eles!
xoves, 19 de abril de 2018
Deus, unha comedia!
O grupo de teatro do IES Monte das Moas de A Coruña regalounos esta adaptacíón dunha obra de Woody Allen.
Disfrutade co resumo desta actuación.
martes, 17 de abril de 2018
EXPEDICIÓN BALMIS
Grazas a Teresa, a nosa compañeira de Filosofía, puidemos contactar coa profesora Sinda Cundíns que dirixiu unha obra de teatro sobre a expedición Balmis co alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Baio "Labarta Pose".
Como unha auténtica expedición chegou a compañía ao instituto capiteaneada polas súas profes para facernos desfrutar da maxia do teatro. O traballo é realmente fermoso, unha obra musical informativa e lúdica coa que o noso alumnado desfrutou moitísimo.
E para rematar este día, nada mellor que unha boa chocolatada!
A verdade é que o fixeron fantástico!
Moitas grazas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















