luns, 25 de febreiro de 2019

ONG Mestura

A ONG Mestura chegou ao Manuel Murgía coa proposta de facernos reflexionar sobre a problemática dos refuxiados.

Nesta primeira sesión ( haberá dúas máis) as responsables de Mestura faláronnos de actividades concretas que realizan para axudar os migrantes e a responsabilidade  que todas e todos temos no reparto de axudas e a integración social se nos sentimos comprometidos coa causa.

Non hai dúbida diso. O Murguía é un centro solidario e comprometido. Por algo o proxecto da Biblioteca trata o tema dos Dereitos Humanos.








Encher Arteixo de amor

E se enchemos Arteixo de palabras de amor? E se compartimos imaxes de tenrura e paixón?
Cal cres que sería o efecto?

Esa foi a proposta que lanzamos na semana do 14 de febreiro.
e que fixemos? pois queriamos que o alumnado escollera unha poesía e a relacionara cunha imaxe relativa ao amor do mundo da Arte.

e para que vexades a idea proposta por Ana Barral, aquí tedes as fotos.






chulo eh..?

mércores, 20 de febreiro de 2019

Poemas de amor de cuarto

Coma tódolos anos o profesor Ramón Echeverri, prepara unha escolma de poemas de amor escritos polo alumnado e fai unha exposición pública dos mesmos na entrada da biblioteca. Achegádevos a disfrutala porque merece moito a pena. O Murguía é terra de poetas.



martes, 19 de febreiro de 2019

Gala dos namorados no día de San Valentín.

No día de San Valentín a Biblioteca organizou unha gala para o alumnado de primeiro de ESO coa temática do amor.

Foi un éxito total e sobre todo pasámolo moi ben.
E que fixemos?  Pois houbo recitado de poemas creados polos alumnos coma os de Uxía Souto, Sergio Terceiro, Oussama Ed Zahori ou Hugo Herrador. Este ultimo leu un poema que foi unha verdadeira declaración de amor para unha compañeira da súa clase.

Ademais das creacións poéticas do alumnado, Noa Souza, Javier Allo e Yago Rodríguez recitaron a   Berta Dávila e Carla Naya e Alicia García fixeron o mesmo coa obra  do rapeiro Blon.

Polo medio Dharian Sánchez interpretou un tema de Adele e un grupo de rapazas cantaron o tema "Pienso en tu mirá" de Rosalía, para tratar o tema dos ciumes. Tamén gozamos coas coreografías de  Anqi Yang e Araceli Cortiñas de cancións de amor.

Aquí tedes unha mostra fotográfica do espectáculo.

Ahhhhh e coma sempre os nosos marabillosos presentadores Álvaro e Naiara e ...por suposto o noso técnico Marcos Grobas e a nosa axudante Ainhoa Carnota.

















martes, 12 de febreiro de 2019

Mostra de material reciclado polos alumnado de 4ESO

O alumnado da materia Cultura Científica que imparte a profesora Chus Arias en 4 ESO traballou a reciclaxe de materiais dentro do proxecto Transformacións.

A actividade consistiu en reciclar roupa vella para facer bolsas. O resultado foi incrible!!!!!! A verdade é que despois de ver estas transformacións  anímamonos a dar unha nova vida a nosa roupa .

mirade que chulada



















Asistencia ao Teatro no Ágora. EROSKI PARAÍSO

Os alumnos de 1 de Bacharelato acudiron ao teatro na Coruña para ver unha obra moi exitosa titulada  EROSKI PARAÍSO.  O decorado da obra consiste  nos andeis do centro comercial  Eroski  e mentres  os actores e actrices  repoñen os produtos imos coñecendo a historia dun lugar no que antes existía unha discoteca moi famosa en Muros chamada Paraíso. Ista é a conexión do título.

Así, mentres a nai da protagonista limpa unha pescada na peixería do Eroski , imos  descubrindo a vida nos anos oitenta, as frustracións que deixa a existencia, as persoas que xa non están con nós e o discurrir rutinario das nosas vidas programadas para que compremos os produtos vitais que a sociedade demanda .


E que pasou coa pescada? 
pois que se rifa ao final do espectáculo e lévala para casa fresquiña de todo!!!!!!!!!!!


O escenario Eroski


Os andeis baleiros. Repoñendo as nosas vidas.

A compañía CHÉVERE. Magnífica