mércores, 28 de novembro de 2018

Fotos medias rojas contra a violencia de xénero

Como xa vos anunciamos no cartel das actividades contra a violencia de xénero, todos os cursos do noso instituto leron o conto de Emilia Pardo Bazán, Las medias rojas.
Por este motivo saímos ao recreo con medias e calcetíns vermellos para simbolizar a expresión  da liberdade da muller, da que ningún home ten dereito a apropiarse.

Aquí tedes algunhas fotos da actividade:






Charlas científicas na Biblioteca

A  profesora de Bioloxía, Chus Arias organiza unha  charla para o alumnado de 1º de bacharelato que cursa a materia de Anatomía.

O invitado é o  fisioterapeuta Daniel Fernández Vidal e a  súa ponencia titúlase :  

                    Fisioterapia,enfoque activo y  globalidad.

 10 TRUCOS PARA DIBUJAR ANATOMÍA - Kaos - YouTube
A proposta enmárcase no proxecto Transformacións con nome propio e será o comezo dunha serie de charlas científicas de carácter divulgativo na biblioteca.

Falamos dun avó moi especial

O alumno Yonay Rodríguez Caamaño de 1º ESO A falará na biblioteca dunha persoa moi especial para el:


Resultado de imaxes para motos corazon                  o seu avó Pepe.



Será o xoves  29 de novembro no segundo recreo na biblioteca
 

luns, 26 de novembro de 2018

Comercio xusto no proxecto Transformacións


Mercado solidario 

Por primeira vez no instituto imos organizar a venda de produtos de comercio xusto en colaboración coa ONG  "Solidaridade internacional" .

O luns 10 de decembro no segundo recreo haberá unha charla desta organización na biblioteca para explicar que é o comercio xusto. 

 Trátase dunha proposta moi axeitada para as datas nas que estamos porque tentamos concienciar ao alumnado da necesidade de mercar dun xeito responsable. 

Preparados entón para mercar chocolate, café, azucre ...e agasallos diversos para o Nadal.


COMERCIO JUSTO. PUNTO DE VENTA | BLOG DE SETEM EXTREMADURA
O comercio xusto garante a compra de produtos sen aproveitarse 
da xente máis desfavorecida.














xoves, 22 de novembro de 2018

EXPOSICIÓN LIBROS MATEMÁTICOS

Resultado de imagen de imagenes de gente asombrada











Deixamosvos  unha pequena mostra da exposición que a nosa compañeira Fernanda  Ramos montou no corredor  da biblioteca sobre libros relacionados co mundo das matemáticas. É a primeira vez que o noso centro  colle unha  "maleta viaxeira" ofertada por  BIBLIOTECAS ESCOLARES. Está resultando unha experiencia moi positiva porque ademais do traballo nas aulas cos libros  pódese ver como exposición dutante estas semanas.  Flipa coas matemáticas! Lemos matemáticas!!!!






xoves, 15 de novembro de 2018

Alumn@ bibliotecari@s na libraría A lus do candil


Deixámosvos  as fotos d@s vos@s compañeiro@s  na libraría de Arteixo


JUDITH E AINHOA MOI CONCENTRADAS111111


LENDO, POR SUPOSTO

UN POUCO DE MORRIÑA DOS TEMPOS PASADOS. LEMBRADES
A QUE SABE A LÚA?
ANDRÉS  E SERGIO INTERESADOS NUNHA ESCULTURA SOBRE O CARRO 


ESCOITANDO A MODESTO FRAGA CON MOITO INTERÉS