sábado, 23 de xuño de 2018

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA "VEXO , VEXO, QUE VES?"


Fíxose entrega dos diplomas dos catro primeiros clasificados do I Concurso de Fotografía Matemática.

Moitas grazas a todo o alumnado que participou. As fotografías que fixeron foron espectaculares e podedes comprobalo na exposición que hai na entrada do Instituto.












luns, 18 de xuño de 2018

AFORISMOS NA BIBLIOTECA


Este curso os aforismos asaltaron a alumnado e profesorado pois, ao pasar ao carón da biblioteca, eran invitados a pensar. As sentencias intelixentes, creativas e abertas a interpretación foron habitando o encerado do Refuxio Murguía nunha dinámica que chamou positivamente a atención do persoal.
O curso que vén queremos máis!







ROSALÍA DE CASTRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL








RECITAL DE POESÍA NO CENTRO CÍVICO


Hai poetas, hai poetas! En Arteixo hai poetas! E no Murguía hai poetas! O venres puidemos desfrutar dun recital poético no centro cívico promovido polo escritor Alfredo Ferreiro. Nel participaron rapaces e adultos que recitaron os seus textos ante un pequeno público que acolleu con entusiasmo o seu traballo. Para o centro é un orgullo que parte dese elenco forme parte do instituto. Parabéns!






VISITA ESCRITORA MAITE MOSCONI

A escritora Maite Mosconi visitou o centro para presentar a súa novela Gaedheal. A súa primera obra é un relato fantástico inspirado no mundo lendario celta. Foron unhas charlas estupendas feitas por unha muller vibrante e entusiasta que contaxiou o seu amor pola literatura a un público atento. Recomendou libros de lectura, contou o proceso de escritura da obra e ademais, como se trata dunha autoedición, tamén nos informou sobre como se fai isto de editar a túa propia  novela.
Agradecemos tamén a Cassandra, alumna de 1ESO, a súa rápida lectura da obra para preparar unha presentación da mesma.
Foi un encontro do máis agradable.









xoves, 7 de xuño de 2018

Presentación de libro por Aimed e Marco de 1º ESO B

Podedes ver aquí un resumo da presentación interesantísima que fixeron Aimed e Marco do libro Asalto al vacío de Arkano.

Presentación de libro por Candela e María de 1º ESO B

Aquí tedes un pequeno resumo da presentación tan maravillosa que fixeron Candela e María.