A profesora e artista Rosana Carnero sorprendeunos a todos con esta mostra creativa e artística sobre as iniciativas e transformacións socio-culturais que levaron a cabo os irmáns García Naveira en Betanzos. O traballo foi realizado polo alumnado de 4ESO da materia de Plástica.
O grupo converteu un corredor do noso centro nun pequeno Betanzos de comezos do século XX.
Se damos unha voltiña pola exposición poderemos ver a escola, o lavadeiro público, o asilo e centro social e o parque do Pasatempo.
Ademais, formúlasenos unha pregunta ben interesante que chama a atención sobre a nosa implicación e responsabilidade coa contorna: Se che tocara a lotaría, que farías? Unha escola, un asilo, un centro social, un lugar público de recreo...? Os irmáns García Naveira fixeron todo isto devolvendo á súa terra parte do froito do seu traballo na emigración americana.