venres, 21 de decembro de 2018

Conferencia Núñez Singala

O escritor lucense Manuel Núñez Singala. Estivo no instituto para falar do seu libro Noite de Temporal, que leron o alumnado de 4ºESO. 

A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra con ritmo vibrante os extraordinarios acontecementos daquela noite memorable. 






Felicitación de Nadal do Murguia

Con este marabilloso árbore de nadal que preparou a nosa queridísima compañeira Ana Barral queremos felicitarvos o ano.

Fixádevos ben porque está construído con recomendacións de libros feitas polo alumnado e o profesorado do centro.



martes, 18 de decembro de 2018

Exposición Isidro Ferrer


Isidro Ferrer - Un Poeta Visual, un Diseñador Storyteller | OFN - Blog sobre diseño, publicidad ...



Dentro do proxecto TRANSFORMACIÓNS da Biblioteca queremos presentarvos a obra que realiza o artista Isidro Ferrer. 


38 best images about Isidro Ferrer on Pinterest | Pinocchio, Search and Design
   
 Isidro Ferrer es un ilustrador y diseñador gráfico formado en arte dramático. Fue actor teatral antes de orientar su trayectoria profesional a la creación gráfica y es en esta actividad en la que, desde finales de los 80, ha destacado especialmente en el panorama nacional e internacional, llegando a   cosechar un Premio Nacional de Diseño en el 2002 y un Premio Nacional de Ilustración en 2006.  Más en Wikipedia (ES)

Fixádevos ben porque cada obra invita a pensar. A exposición está en Zaragoza. Se ides por terras mañas no Nadal non deixedes de vela.















Presentación libro na biblioteca El sueño de Berlín




As alumnas Carla Naya, Zeltia Otero e Kenia Neira de 1º ESO G presentaron na Biblioteca o libro  El sueño de Berlín da autora Ana Alonso. Ademais de recomendar a súa lectura fixeron unha pequena exposición sobre o Trastorno Obsesivo Compulsivo, a patoloxía que padece a protagonista desta historia.




Me gustan los libros: El sueño de Berlín, XII Premio Anaya ...
O libro recomendado que te invitamos a ler.



Concentradas na súa recomendación


INICIATIVA COMERCIO XUSTO





Dentro do proxecto da Bibloteca TRANSFORMACIÓNS traballamos coa ONG SOLIDARIDADE INTERNACIONAL para vender produtos de COMERCIO XUSTO na entrada do Instituto. 
Alumnas de 1º ESO A estiveron atendendo o punto de venda nos recreos como auténticas profesionais. Cun sorriso e moita paciencia informaban aos "clientes" da calidade e orixe da mercancía. 




Foi unha experiencia moi gratificante que imos repetir !!!!!!!!!!!

















Fotografías da brillante charla do fisioterapeuta Daniel Fernández Vidal

O fisioterapeuta Daniel Fernández Vidal impartiu na biblioteca unha charla sobre a utilidade da fisioterapia na nosa vida cotiá. Tratou sobre os erros que se producen nos ximnasios para obter unha rápida musculación, as lesións que provocan o exceso de horas sentados diante do ordenador, da Play e do móbil, e da importancia de realizarmos exercicio dunha maneira constante e apropiada á nosa fisioloxía. O alumnado da materia de Anatomía (1º Bac) da profesora Chus Arias participou activamente tanto facendo preguntas como prestándose a realizar os exercicios que o fisioterapeuta pedía. Demostraron así o seu entusiasmo por esta actividade.

















Alumnado 2º BAC contra a violencia de xénero. Todas somos Laura Luelmo

Ao fío do recente asasinato da profesora Laura Luelmo, o alumnado de Segundo de Bacharelato do Ies Manuel Murguía, de forma espontánea e solidaria, decidiu manifestar o seu compromiso contra a violencia de xénero facendo unha exposición de frases, poemas, chíos de tweeter cos que amosaren a raiba que lles provoca tal feito. A nosa mocidade impactada pola máis ferinte actualidade.

Resultado de imagen de laura luelmo