luns, 29 de outubro de 2018

Celebrando o Samaín

Agora que outubro remata, chega o momento de celebrar o Samaín.

Na biblioteca podes curiosear na exposición de lecturas terroríficas e levar os libros e cómics emprestados para a casa. Que mellor que deixarse envolver pola néboa do descoñecido ben acubillado no sofá cunha mantiña!



E o mércores 31 de outubro, alumnado de 1ESO/D realizará unha lectura dramatizada dunha inquedante canción de berce rusa chamada "Tili Tili Bom". Non a podes perder! Será no 2º recreo na túa biblioteca.
Resultado de imagen de tili tili bom

Con nome propio: as Misións Pedagóxicas

Dende a biblioteca queremos facer unha pequena homenaxe ás Misións Pedagóxicas, un grupo de mestres que de forma altruísta quixo levar a cultura e a arte os lugares máis recónditos da nosa xeografía nos anos 30 do século XX. O seu labor foi silenciado e cercenado polo réxime franquista por tratarse dun proxecto ao abeiro da República.

QUE FORON AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS


Resultado de imagen de misiones pedagogicas

As Misións Pedagóxicas foron un proxecto de solidariedade cultural patrocinado polo Goberno da II República Española a través do Ministro de Instrucción Pública e dende as plataformas do Museo Pedagóxico Nacional e a Institución Libre de Enseñanza. Creadas en 1931, foron desmanteladas ao final da guerra civil.
Convocados por Manuel Bartolomé Cossío chegarían a reunirse máis de cincocentos voluntarios de diversa orixe: mestres, profesores, artistas e xoves estudiantes e intelectuais.

"Somos una escuela ambulante que quiere ir de pueblo en pueblo. 
Pero una escuela donde no hay libros de matrícula, 
donde no hay que aprender con lágrimas,
 donde no se pondrá a nadie de rodillas como en otro tiempo. 
Porque el gobierno de la República que nos envía, nos ha dicho que vengamos, ante todo, a las aldeas, a las más pobres, a las más escondidas y abandonadas,
 y que vengamos a enseñaros algo, algo que no sabéis por estar siempre tan solos y tan lejos de donde otros lo aprenden, y porque nadie hasta ahora ha venido a enseñároslo; pero que vengamos también, y lo primero, a divertiros".



Lede ben estas palabras, por favor. Reflexionade sobre elas .

Transformacións con nome propio

Empezan a chegar novas de persoeiros que transformaron o mundo!
O noso compañeiro Xosé Carlos Ríos Camacho, o profe de Historia, preparou unha unidade didáctica sobre a Guerra do Rif para Bacharelato, que ademais será publicada na Revista Galega de Ensino.
Nesta guerra participou o seu avó, así que xa sabedes quen é o nome propio deste proxecto.
Chamábase José Camacho Martín-Peñasco e foi sarxento de infantaría no batallón Cazadores de Talavera 18 entre os anos 1912 e 1913.
Esperamos que xunto co traballo nas aulas, Xosé Carlos poida falar desta biografía tan familiar un día na biblioteca.
Resultado de imagen de guerra de rif
Resultado de imagen de guerra de rif

venres, 26 de outubro de 2018

Gala Benéfica


Novidade extraordinaria

Resultado de imagen de boca sorprendida dibujo

A biblioteca organizará este curso unha GALA BENÉFICA para recadar cartos e axudar a algunha ONG que está contribuíndo a cambiar o mundo mellorando a vida das persoas.
Temos xa moita xente compoñendo poemas, preparando coreografías, afinando a voz e... argallando cousas nas cabeciñas para que sexa
                 AMENA,
                      QUE ESPERTE A NOSA CONCIENCIA,                
                             E SOBRE TODO... SOLIDARIA.






xoves, 25 de outubro de 2018

Transformacións II: Na memoria dos mapas

Transformacións II

No proxecto deste curso temos unha sección titulada:

               Na memoria dos mapas



Imos traballar nela os dereitos humanos a través dos lugares nos que estes dereitos vólvense tortos porque non se cumpren.

Un pouco de conciencia social non está mal!!!!  

Así que  a partir de agora empeza a fixarte nas paredes cando subes á clase, para ir descubrindo a :


Declaración universal dos dereitos humanos


                                               Artigo 1.

Resultado de imagen de sere humanos fraternalesImagen relacionadaTodos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.





Transformacións II: Con nome propio

Transformacións II
Imos collendo ritmo...
No noso proxecto para este curso temos unha sección titulada : 

              Con nome propio
  Trátase dunha proposta para falar no segundo recreo dalgúns martes sobre aquelas persoas ou personaxes que marcaron un cambio na sociedade ou nas nosas vidas.

 Xa temos lista de espera para estas presentacións.


Comezará Hugo Herrador de 2ºESO falando dunha ladrona moi especial...sabes quen é?   Pois sí:

          A ladrona de libros


Se queres escoitar a súa historia, pásate pola biblioteca o martes 13 de novembro no segundo recreo.

( pero non para roubar libros, eh...)



luns, 8 de outubro de 2018

Clube de lectura de adultos

Agora que chega o outono, apetéceche o plan de manta, sofá e un bo libro?

Patria, de Fernando Aramburu, é unha historia que atrapa sobre un pasado que todos vivimos.

O martes 11 de decembro arrinca o clube de lectura de adultos. Falaremos desta obra nunha xuntanza informal na biblioteca a partir das 15 horas.


venres, 5 de outubro de 2018

Benvidos a este novo curso escolar!

Benvidos a este novo curso escolar! 

Dende a biblioteca imos traballar co proxecto Transformacións II.
Queremos coñecer aos homes e mulleres que axudaron a transformar o mundo. Todos os departamentos do centro están dispostos a colaborar e xa temos moitos grupos buscando información sobre personalidades que melloraron o mundo.


Resultado de imagen de einstein
EU CREO QUE CONTRIBUÍN A CAMBIAR O MUNDO!


E o muro caeu... 
Transformaría o mundo?

Fun muller, fun escritora... Revolucionei a literatura galega?

(Don't let me down, let it be, yesterday, imagine, Penny Lane, in my life, something...)