sábado, 29 de abril de 2017

DON QUIXOTE DE URBANO LUGRÍS

Mirade que preciosidade!
Lugrís: Pintor, poeta, ilustrador e escenógrafo, un dos artistas fundamentais do século XX galego.

Se queredes ver máis obras de Urbano Lugrís visitade a Exposición  dende o9 de xaneiro ao  16 de febreiro, no  Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia en A Coruña

Agasallo de Departamento de Lingua Castelá

O día  do Libro o Departamento de Lingua Castelá do Instituto agasallou a cada aula do IES cunha pranta que cada clase deberá coidar. GRAZAS

Eva Veiga , premiada



 Foto de Álvaro Ballesteros

EVA VEIGA ,que recentemente estivo no noso Instituto recitando poemas de Miguel Hernández , acaba de recibir o PREMIO DA CRÏTICA

venres, 7 de abril de 2017

EXPOSICIÓN MIGUEL ANXO PRADO

                       EXPOSICIÓN DE MIGUEL ANXO PRADO  no KIOSKO ALFONSO    


Posiblemente un dos autores que goza de maior recoñecemento internacional, un autor, que sempre sorprende coa súa capacidade narrativa e o seu exquisito deseño gráfico e quen co paso dos anos avanza na liña de emocionar ao lector.
 Algunhas das súas obras que podes disfrutar na nosa Biblioteca:



luns, 3 de abril de 2017

Noticias literatura xuvenil

Aquí vos deixo un enlace para consultar noticias sobre literatura xuvenil.

  NOTICIAS