O instituto participou un curso máis no Festival CinEOI, o festival do audiovisual organizado pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Foron varios os grupos participantes do noso centro que acadaron algún dos premios. Así, na Categoría Xuvenil:
1º premio: "No ollo inimigo".
2º premio: "Acoso nas aulas".
3º premio: "Enfermedades mentais"/ "Rúa do percebe".
Ademais, un dos Premios do Público foi tamén para o traballo do instituto: "O monte".
Estes traballos foron desenvolvidos nas aulas de Lingua Galega e contando coa colaboración do profesorado do devandito departamento. Parabéns ao alumnado participante e gañador e parabéns ao profesorado que tanto se implica neste proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario