Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
martes, 18 de decembro de 2018
Fotografías da brillante charla do fisioterapeuta Daniel Fernández Vidal
O fisioterapeuta Daniel Fernández Vidal impartiu na biblioteca unha charla sobre a utilidade da fisioterapia na nosa vida cotiá. Tratou sobre os erros que se producen nos ximnasios para obter unha rápida musculación, as lesións que provocan o exceso de horas sentados diante do ordenador, da Play e do móbil, e da importancia de realizarmos exercicio dunha maneira constante e apropiada á nosa fisioloxía. O alumnado da materia de Anatomía (1º Bac) da profesora Chus Arias participou activamente tanto facendo preguntas como prestándose a realizar os exercicios que o fisioterapeuta pedía. Demostraron así o seu entusiasmo por esta actividade.











Ningún comentario:
Publicar un comentario