luns, 8 de outubro de 2018

Clube de lectura de adultos

Agora que chega o outono, apetéceche o plan de manta, sofá e un bo libro?

Patria, de Fernando Aramburu, é unha historia que atrapa sobre un pasado que todos vivimos.

O martes 11 de decembro arrinca o clube de lectura de adultos. Falaremos desta obra nunha xuntanza informal na biblioteca a partir das 15 horas.


venres, 5 de outubro de 2018

Benvidos a este novo curso escolar! 

Dende a biblioteca imos traballar co proxecto Transformacións II.
Queremos coñecer aos homes e mulleres que axudaron a transformar o mundo. Tódolos departamentos do centro están dispostos a colaborar e xa temos   moitos grupos buscando información sobre personalidades que melloraron o mundo.


Resultado de imagen de einstein
¡EU CREO QUE CONTRIBUÍN A CAMBIAR O MUNDO!


E o muro caeu... 
¿Transformaría o mundo?

Fun muller, fun escritora... ¿Revolucionei a literatura galega?

(Don't let me down, let it be, yesterday, imagine, Penny Lane, in my life, something...)

mércores, 27 de xuño de 2018

XINCANA DO CLUB DE LECTURA

Como fin de festa das actividades do club de lectura celebramos unha xincana lúdico-literaria na contorna do instituto. O que ía ser tan só un roteiro por Arteixo con lectura de poemas, transformouse grazas ás ideas e bo facer das alumnas de 2ESO nunha preciosa e multidisciplinar actividade que nos encheu de ledicia. Ademais, o sol tamén decidiu quentar a tope, así que todo brillou nesta xornada.

O percorrido comezou detrás da piscina. Lara e Jessica interpretaron a dous personaxes d'Os xogos da fame e, despois de ler o poema de Manuel María "Bando", invitaron o resto dos membros do club a emparellarse e competir por "distritos". Primeiro, xogo da pita cega; logo, carreira con balón entre peito e peito e despois outra cos pés anoados e por último, carreira libre final para conseguir a tarxeta co Sinsajo que os invitaba a seguir ata a seguinte estación.

No camiño do río agardaban Laura F. e Magdalena, esta vez interpretando a personaxes de Corredores de sombras, que lles propuxeron montar varios puzzles coas runas do libro. Foi máis difícil do que pensaban e aínda tardaron un bo anaco, de feito, como tiñamos algo de présa, non puideron rematar. Do que si dou tempo foi de ler o poema de Paula Carballeira, "As pequenas cousas".

Andando andando chegamos ata o parque. Alí xa estaban preparadas Ainhoa C. e Lucía, caracterizadas de personaxes de Harry Potter.  Tras ler o poema de Carlos Negro "Declaración de independencia", fixéronlle unha proposta ao grupo: decidir cal era a mellor casa, Ravenclaw ou Griffindor. E como decidilo? Pois co xogo máis popular en Howargts, por suposto, o Quidditch.

Aínda había outra proba preparada, a que deseñaran Laura G. e Ainhoa L. sobre O corredor do labirinto, pero desgraciadamente non nos deu tempo a facela pois xa era hora de regresar ao instituto. Para o curso que vén, xa sabemos que precisamos de algo máis de tempo para esta actividade porque por suposto, xa está institucionalizada!

Para o que si deixamos un tempiño foi para unha pequena merenda e coa calor que ía, os zumes baixaron nun intre!

Nas seguintes fotos e vídeos podedes facervos unha idea do ben que o pasamos.








LECTURAS DO CLUB

Este curso os membros do club de lectura Refuxio Murguía leron moito e moi ben.

Os catro grupos que funcionaron este ano comezaron con relatos de medo como "El almohadón de plumas", de Horacio Quiroga, "El regalo", de Roald Dahl o "El hombre lobo", de Eugene Field. A profe Pilar Zapico fixo unha escolma chulísima e terrorífica. Moitas grazas!
Ata o alumnado de Ana Díaz se animou a facer unha lectura dramatizada de "El almohadón de plumas" para festexar o Samaín.

Dous dos grupos foron moi teatreiros este curso. O coordinado por Ana Díaz leu Coraline, de Neil Gaiman, e repartindo escenas e personaxes foron deseñando a súa lectura dramatizada mes tras mes.
O coordinado por Isabel Rodríguez e máis tarde por Gaiferos Parrado elixiu Peter Pan para desenvolver as súas dotes dramáticas. E querendo dar un paso máis incluso se animaron a facer un guion para unha curta.

O grupo coordinado por Pilar Zapico elixiu dúas obras ben fermosas: El curioso incidente del perro a medianoche, de Mark Haddon, e El libro del cementerio, tamén de Neil Gaiman.

E finalmente, o grupo coordinado por Ana Barral decidiu ler Wonder, de R. J. Palacio, e Eleanor & Park, de Rainbow Rowell. Empezaron tamén con O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro, pero xa non deu tempo a máis.

Seguro que todos os membros de Refuxio Murguía contaranvos marabillas destas obras, pois lles gustaron moito.

HAIKUS

Basho, xaponés do século XVII, e Cortázar, arxentino so XX, foron os mestres do haiku para o alumnado de 2ESO na clase de Lingua castelá. Ademais, a actividade coincidiu coa exposición Viva Xapón! que publicitou na biblioteca recursos de manga, anime e cultura nipona.

Desfrutade con algunhas das composicións do alumnado. Que fermosura!

La vida pasa
el tiempo se me pierde
y mi infancia.

El tiempo cambia
igual que las personas
sin darnos cuenta.

Corren los niños
por carreteras negras
caminos verdes.

Las nubes negras
oscurecen el sol
el cielo llora.

El tiempo pasa
la vida se me escapa
todo se acaba.

Los bellos árbores
si sus hojas no vuelven
fluyen sus penas.

El gallo canta
amanece el sol puro
las flores bailan

Podrás soñar
sin límite del tiempo
en esta música.

Dos puntos rojos
En esta oscura noche
En el gran cielo.

Una mariposa
volando sobre el agua
el agua tibia.

En el estanque
se refleja tu bello
rostro apenado.

En el espacio
un destello perdido
su casa busca.

Gran primavera
enverdece praderas
cantan los pájaros.

Hielo en la hierba
ese zorro se esconde
ruido de fondo.

Únicamente
yo y el obstáculo
momento mágico.

Atardecer
momento cuando tiran
pintura al cielo.

En las estrellas
se esconden los sueños de
los niños pobres.

Bonito sol
se esconde tras las nubes
cuando se asusta.

El océano
agua cristalina
peces nadando.

Transmite el mar
sensaciones hermosas
serenidad.

TOD@S SOMOS RAR@S

Inspirándose nas obras de Tim Burton, La melancólica muerte de Chico Ostra, e Raúl Vacas, Niños raros, o alumnado de 2ESO elaborou na clase de Lingua castelá as súas historias en verso de nenas e nenos raros. Porque sexamos sinceros, quen non ten algunha rareza?

Aí vai unha pequenísima mostra do seu bo facer:

CHICO COJÍN, Hugo Vázquez
El gran señor don Cojín
durmiendo siempre sin fin
con su amigo Edredón
descansando un montón.
El Cojín no dormía
cuando su dueño venía,
el Edredón lo tapaba
mientras él no descansaba.

CHICO TORTUGA, Mencía Martínez
El chico de color verde
ya no juega porque pierde
con un gran caparazón
que parece una hinchazón.
Siempre sigue la corriente
y así pierde la mente
le gusta mucho nadar
pero no le gusta andar.

EL GRAN NIÑO BOCADILLO, Abel Piñeiro
El gran niño bocadillo
era grande y tontillo
y por los bares viajaba
y a la gente le gustaba.
Un día hizo un amigo
que no era muy listillo
y el tonto del bocadillo
acabó sin cuerpecillo.

LA NIÑA ANTORCHA, Cecilia Cea
La niña antorcha paseaba
mientras árboles quemaba
ya le olía a chamusquina
a la vuelta de la esquina.
Y llamó a los bomberos
pues los echaba de menos
pero el fuego apaciguaron
y a la niña apagaron.

martes, 26 de xuño de 2018




CHARLA SOBRE O SISTEMA BRAILLE


A nosa queridísima ex alumna Anabel volveu ao instituto para explicar ao alumnado de 1ESO el sistema braille para persoas invidentes. Coa súa simpatía e a súa disposición docente aclarou todas as dúbidas dos rapaces e rapazas sobre este modo de escritura. 
Descubrimos tamén que escribe relatos e leunos un sobre as ilusións dunha nena cega.
Deixounos practicar co bastón para invidentes e leu coa profesora Maturana un fragmento do libro LLamando a las puertas del cielo.







Coa súa profesora de Galego no Bacharelato, Teresa Seara.