Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
martes, 30 de xaneiro de 2018
IMOS AO CINE
![]() |
| De camiño ó cine para ver Wonder |
| Todos felices |
![]() |
| Unha frase para pensar |
![]() |
| Pois estamos de acordo!! |
![]() |
| soache? |
![]() |
| Outro pensamento que pode axudar a elexir. Na biblioteca escollemos ser amables. E ti? |
![]() |
| Esta é unha película baseada nun libro que temos na biblioteca e que o clube de lectura leu nesta avaliación coa profesora Ana Barral. |
luns, 29 de xaneiro de 2018
Vídeo d@s bibliotecari@s
AQUÍ TEDES UN VÍDEO GRABADO NO INSTITUTO POLOS BIBLIOTECARIOS.
BASÉASE NUN TEMA DO RAPERO CHOJÍN . É UNHA INVITACIÓN A PENSAR.
venres, 26 de xaneiro de 2018
Presentación do proxecto transformación. CURSO 2017/18
por que transformacións?
O proxecto deste novo curso na biblioteca xorde do libro O marabilloso mundo de Oz de J. Franklin Baum.
Imos primeiro falar da obra para que poidades entender cal é a nosa proposta.
SINOPSE:
Dorothy e o seu can Totó son arrastrados por un ciclón dende a súa casa de Kansas ata un país fantástico. Alí, perseguida por unha bruxa, desexa voltar ao seu país e para poder facelo ten que chegar á Cidade Esmeralda onde vive un mago que poderá axudala. Emprende entón unha viaxe na que atopará personaxes moi curiosos: un espantallo que non ten cerebro, un home de folla de lata que non ten corazón e un león que carece de valor.Todos eles acompañarán a Dorothy na súa viaxe porque pensan que o mago de Oz poderá outorgarlles aquilo que ansían ter: un cerebro para poder pensar, un corazón para poder amar e valor para deixar de ser un covarde.
Cando finalmente visitan ó Mago de Oz este resulta ser un fraude: ningún deles recibirá os atributos pedidos porque no fondo todo o que buscaban, perseguindo a maxia de Oz, estaba xa no seu interior pero ignorábano.
| personaxes do Mago de OZ |
E agora, pensa un pouco no significado do libro:
TODOS BUSCAMOS O QUE SEGURAMENTE XA ESTÁ DENTRO DE NÓS. NON TEMOS QUE ATOPAR MAGO NINGÚN. POSUIMOS CEREBRO,CORAZÓN E VALOR. ESTA É A CHAVE DA NOSA TRANSFORMACIÓN: RECOÑECER O QUE XA TEMOS E APROVEITALO PARA
- PENSAR DE MANEIRA CRÍTICA.
- SENTIR QUE A POESÍA PODE CAMBIAR O XEITO DE MIRAR O MUNDO
- SER VALENTES AÍNDA SABENDO QUE PODEMOS CAER


















